Datos personales

Mi foto
Alto, altismo, juapo, juapísmo e cos ollos azuis, azuísimos (na intimidade); que pensabas...?

jueves, 22 de noviembre de 2012

Esgótasenos a conta atrás...

Neste século aumentaremos a temperatura media global do planeta entre cinco e oito grados, segundo un informe da Organización das Nacións Unidas e xa estamos agora nun 14% superior de gases de efecto invernadoiro ao que deberiamos ter no ano 2020, dentro de doce anos, para que so subise esta temperatura dous graos.
Veremos que medidas se adoptan no cumio sobre cambio climático que se vai reunir en Doha a semana que vén, pero esgótase o tempo para parar esta subida de temperaturas, que en Europa xa é moi evidente os últimos anos e a última década foi a mais quente dende que se teñen rexistros.
Se non se toman medidas urxentemente, como investir en reforestación e reducir a contaminación, camiñamos sen remedio a que no ano 2100 subirá unha media de sete graos a temperatura global do planeta, o que traerá problemas de saúde humana, de aumento do nivel do mar, de desaparición de bosques así como a desaparición de numerosas especies tanto animais como vexetais e de cambios drásticos na sociedade.
A Unión Europea ten previsto publicar no 2013 a súa estratexia europea de adaptación con medidas para facer un uso mais eficiente da auga, facer defensas contra as inundacións ou construcións contra o clima extremo. Indignante.
Esgotasenos o tempo, xa levamos moitos anos na conta atráse e seguimos pensando que non pasa nada, e se non pensamos no futuro, non temos solución.
E por enriba tampouco lembramos que os cartos non se comen.

No hay comentarios:

Publicar un comentario