Neste século aumentaremos a
temperatura media global do planeta entre cinco e oito grados,
segundo un informe da Organización das Nacións Unidas e xa estamos
agora nun 14% superior de gases de efecto invernadoiro ao que
deberiamos ter no ano 2020, dentro de doce anos, para que so subise
esta temperatura dous graos.
Veremos que medidas se adoptan no cumio
sobre cambio climático que se vai reunir en Doha a semana que vén,
pero esgótase o tempo para parar esta subida de temperaturas, que en
Europa xa é moi evidente os últimos anos e a última década foi a
mais quente dende que se teñen rexistros.
Se non se toman medidas urxentemente,
como investir en reforestación e reducir a contaminación, camiñamos
sen remedio a que no ano 2100 subirá unha media de sete graos a
temperatura global do planeta, o que traerá problemas de saúde
humana, de aumento do nivel do mar, de desaparición de bosques así
como a desaparición de numerosas especies tanto animais como
vexetais e de cambios drásticos na sociedade.
A Unión Europea ten previsto publicar
no 2013 a súa estratexia europea de adaptación con medidas para
facer un uso mais eficiente da auga, facer defensas contra as
inundacións ou construcións contra o clima extremo. Indignante.
Esgotasenos o tempo, xa levamos moitos
anos na conta atráse e seguimos pensando que non pasa nada, e se non
pensamos no futuro, non temos solución.
E por enriba tampouco lembramos que os
cartos non se comen.