Datos personales

Mi foto
Alto, altismo, juapo, juapísmo e cos ollos azuis, azuísimos (na intimidade); que pensabas...?

viernes, 23 de marzo de 2012

Fume

Presenta a Señora Vicepresidenta Sáenz de Santamaría o Código do Bo Goberno que vai sancionar aos xestores públicos que incumpran coas súas responsabilidades.
Cada día sei menos e entendo menos...
É que antes de hoxe nunha houbo bo goberno? Vale que o Sr. González e o Sr. Rodríguez Zapatero non o foran segundo a Sra. Vicepresidenta, o que eu non consideraba era que o Sr. Suárez e o Sr. Calvo Sotelo tampouco o foran e moito menos o Sr. Aznar.
A, outra pregunta: antes de hoxe os que non cumprían coas súas responsabilidades non eran sancionados nin sequera pola xustiza?
Estamos peor do que eu pensaba!
Eu sei que so é fume, moito fume a vinte e catro horas de eleccións en Andalucía e en Asturias.
Pasadas corenta e oito horas o vento barrerá o fume e entón, entón veremos o lume.

jueves, 22 de marzo de 2012

A calidade do aire

Millóns de españois respiran aire contaminado.

A mala calidade do aire das cidades agrávase coa seca que estamos a sufrir e, sobre todo pola falta de medidas dos responsables políticos.

Na maioría das cidades españolas supéranse os límites do oxido de nitróxeno, amoníaco e compostos orgánicos. So nos mantemos dentro dos límites de contaminantes co dióxido de xofre.

As partículas en suspensión (PM10 e PM2,5) o ozono troposférico (O3) e o dióxido de nitróxeno (NO2) son os contaminantes que mais problemas de saúde causan na poboación.

Estímase que máis de 6,4 millóns de persoas respiran aire contaminado en España, un 14% do total, segundo os valores límite establecidos pola directiva 2008/50/CE.

Temos cidades para os automóbiles en vez de telas para as persoas e, no caso de que os medidores da contaminación valoren altos resultados, os políticos responsables dan como solución un cambio xeográfico dos mesmos a un lugar menos contaminado, como se fixo recentemente na capital do imperio.

martes, 20 de marzo de 2012

Enerxías renovables

O actual goberno central mediante o Real Decreto Lei 1/2012 suspende os incentivos económicos para as novas instalacións de enerxías renovables e deixa ferido de morte a un sector industrial punteiro, aos seus empregados, ao desenvolvemento tecnolóxico e de paso ao medio ambiente.

Lembremos que os acordos internacionais obrigan a limitar as emisións de CO2 co obxectivo de que a temperatura global non aumente aos niveis perigosos que sinala a comunidade científica das Nacións Unidas.

As enerxías renovables contribúen a reducir estas emisións, ademais de contribuíren ao aforro das importacións enerxéticas, e ao prezo da electricidade.

Nas últimas semanas a factura enerxética española incrementouse nuns nove mil millóns de euros na importación de petróleo.

Con este Real Decreto Lei condénase ao desemprego a miles de traballadores nos sectores tecnolóxicos relacionados coas enerxías renovables.

Outro gran atranco para a independencia enerxética, para o emprego e a investigación tecnolóxica e para o xa moi contaminado medio ambiente.

domingo, 18 de marzo de 2012

O que contamina paga... non, non... que non contamine

Deixar moi clariño que estamos na cultura dos cartos, na cultura da economía, da cultura de que cos cartos todo se pode comprar.
Nós podemos pagar porque contaminamos, co automóbil por exemplo, así que por contaminar pagamos impostos, pero estes impostos que pagamos non redundan na recuperación do contaminado. Pensando que os seus fillos quizais tamén poderán pagar por contaminar, pero ao mellor os fillos dos seus fillos xa non poderán pagar por contaminar porque xa non será posible voltar atrás.
Os recursos son limitados... moi limitados pero parece que si pagamos un imposto xa estamos libres de toda culpa... pois non: non contamines!

sábado, 17 de marzo de 2012

Destrucción do planeta

Fíxense ben que estamos quedando sen natureza.
Estamos no mes de marzo de 2012 e entre a crise finaceira e a falta de choiva o mundo estase volvendo gris.
E era verde...
Non se dan conta que cando o sol nos achicharre porque non temos ozono que nos protexa, a auga que vexamos proximamente non sexa potable porque está contaminada e a terra non produza porque non chove... os cartos non se comen?