Tiña que pasar e pasou, que diría algún que outro paisano meu.
Se non arde por si mesmo, algún desgraciado virá que lle porá lume. E ardeu, é verdade que foi só entre un 10 e un 20 por cento, foi unha pequena parte non por eso pouco importante.
Aconteceu o sábado 31 de marzo e o domingo 1 de abril.
Non entendo como, tendo a seca e o calor que temos aos políticos que teñen técnicos por todas partes non se lles ocurra prever estas cousas.
A Xunta de Galicia ten que investir en man de obra para coidar os montes, que ninguén os deixe de lado, que nos quedamos sen nada neste país que chovía dous tercios do ano.
É que non sabemos que se non hai árbores non hai choiva. Ese persoal fixo discontínuo ten que traballar todo o ano. E mais persoal que hai que facer fixo todo o ano para que nas épocas que non teñan que combater o lume se adiquen a repoboar e a limpar o monte.
Ao mellor a Xunta tiña que contar con persoal laboral adicado a coidar rebaños de cabras para manter o monte limpo.
Ah, mire Sr. Feijoo, xa sei que vostede sabe moito e ocórrenselle moitas cousas, so llo digo por se acaso: con eucaliptos ou piñeiros non eh? Non vaiamos repoboar As Fragas con estas especies.
Antes das Fragas do Eume xa ardeu anos antes o Xurés e de momento todo sigue igual.
Cal será o seguinte?
Pese a crise, pense nas cabras...! Os cartos que se invistan en aire limpo sempre serán ben empregados, sempre que sexa con sentidiño.
Espero que lle poña remedio a estas queimas, os cartos nin se comen nin se respiran...