Hoxe toca un pouco de todo... o dedo do
Mouriño no ollo de Pepe Vilanova, "coraje, determinación, fuerza y apoyo" era o que tiña o Sr. Rajoy...; o Sr. Alberto Núñez Feijoo co
que asumimos “todos” que o que contamina paga, ao mellor (eu) tiña que opinar máis a miúdo...
NON SEÑOR FEIJO'09, NON!...
Vostede di hoxe que temos todos
asumidos que o que contamina, paga... Non conta vostede coa miña
opinión, eu sempre dixen non xamais asumirei iso de que quen
contamina paga... Non Señor Alberto... mire Vostede: non podemos
comparar unha persoa que rouba unha peza de pan para comer con unha
persoa que rouba unha peza de pan para vender... non é o mesmo; unha
persoa que rouba unha peza de pan para comer é unha persoa que
necesita satisfacer unha necesidade fisiolóxica, que se rouba a peza
de pan para comer, rouba para non morrer, sen embargo se rouba unha
peza de pan para vender resulta que vende a peza de pan para
enriquecerse, ou para mercar algo que o mais seguro é que non
necesite para non morrer... entende?
Pois o que contamina paga é o mesmo,
non é o mesmo o que contamina para subsistir como o que contamina
para lucrarse economicamente.
O que contamina por non morrer, pola
súa subsistencia ten unha atenuante, pero o que contamina por
beneficiarse ten un agravante, non hai término medio Don Alberto,
non o hai.
Non vaia dicindo que “todos temos
asumidos que o que contamina paga”. Eu nunca o asumirei Sr. Feijoo,
se alguén contamina para seguir vivindo, vale, pero se o que quere é
aproveitarse porque ten o diñeiro suficiente para poder “pagar”
os seus excesos, NON; debe pagar non só polo que contamine senón
polo que contaminen os que o fan por necesidade de sobrevivir.
Asco me da o que ten cartos e que os
utiliza para mercar vontades...!
Entendeu ou explícollo mais detidamente?... Vostede é intelixente, pero a poboación, éses que o votaron no 2009, non son imbéciles...!