Datos personales

Mi foto
Alto, altismo, juapo, juapísmo e cos ollos azuis, azuísimos (na intimidade); que pensabas...?

jueves, 22 de noviembre de 2012

Esgótasenos a conta atrás...

Neste século aumentaremos a temperatura media global do planeta entre cinco e oito grados, segundo un informe da Organización das Nacións Unidas e xa estamos agora nun 14% superior de gases de efecto invernadoiro ao que deberiamos ter no ano 2020, dentro de doce anos, para que so subise esta temperatura dous graos.
Veremos que medidas se adoptan no cumio sobre cambio climático que se vai reunir en Doha a semana que vén, pero esgótase o tempo para parar esta subida de temperaturas, que en Europa xa é moi evidente os últimos anos e a última década foi a mais quente dende que se teñen rexistros.
Se non se toman medidas urxentemente, como investir en reforestación e reducir a contaminación, camiñamos sen remedio a que no ano 2100 subirá unha media de sete graos a temperatura global do planeta, o que traerá problemas de saúde humana, de aumento do nivel do mar, de desaparición de bosques así como a desaparición de numerosas especies tanto animais como vexetais e de cambios drásticos na sociedade.
A Unión Europea ten previsto publicar no 2013 a súa estratexia europea de adaptación con medidas para facer un uso mais eficiente da auga, facer defensas contra as inundacións ou construcións contra o clima extremo. Indignante.
Esgotasenos o tempo, xa levamos moitos anos na conta atráse e seguimos pensando que non pasa nada, e se non pensamos no futuro, non temos solución.
E por enriba tampouco lembramos que os cartos non se comen.

martes, 10 de julio de 2012

Non hai diñeiro que pague a saúde do resto da poboación...


Hoxe toca un pouco de todo... o dedo do Mouriño no ollo de Pepe Vilanova, "coraje, determinación, fuerza y apoyo" era o que tiña o Sr. Rajoy...; o Sr. Alberto Núñez Feijoo co que asumimos “todos” que o que contamina paga, ao mellor (eu) tiña que opinar máis a miúdo...
NON SEÑOR FEIJO'09, NON!...
Vostede di hoxe que temos todos asumidos que o que contamina, paga... Non conta vostede coa miña opinión, eu sempre dixen non xamais asumirei iso de que quen contamina paga... Non Señor Alberto... mire Vostede: non podemos comparar unha persoa que rouba unha peza de pan para comer con unha persoa que rouba unha peza de pan para vender... non é o mesmo; unha persoa que rouba unha peza de pan para comer é unha persoa que necesita satisfacer unha necesidade fisiolóxica, que se rouba a peza de pan para comer, rouba para non morrer, sen embargo se rouba unha peza de pan para vender resulta que vende a peza de pan para enriquecerse, ou para mercar algo que o mais seguro é que non necesite para non morrer... entende?
Pois o que contamina paga é o mesmo, non é o mesmo o que contamina para subsistir como o que contamina para lucrarse economicamente.
O que contamina por non morrer, pola súa subsistencia ten unha atenuante, pero o que contamina por beneficiarse ten un agravante, non hai término medio Don Alberto, non o hai.
Non vaia dicindo que “todos temos asumidos que o que contamina paga”. Eu nunca o asumirei Sr. Feijoo, se alguén contamina para seguir vivindo, vale, pero se o que quere é aproveitarse porque ten o diñeiro suficiente para poder “pagar” os seus excesos, NON; debe pagar non só polo que contamine senón polo que contaminen os que o fan por necesidade de sobrevivir.
Asco me da o que ten cartos e que os utiliza para mercar vontades...!
Entendeu ou explícollo mais detidamente?... Vostede é intelixente, pero a poboación, éses que o votaron no 2009, non son imbéciles...!

lunes, 2 de abril de 2012

As Fragas do Eume

Tiña que pasar e pasou, que diría algún que outro paisano meu.
Se non arde por si mesmo, algún desgraciado virá que lle porá lume. E ardeu, é verdade que foi só entre un 10 e un 20 por cento, foi unha pequena parte non por eso pouco importante.
Aconteceu o sábado 31 de marzo e o domingo 1 de abril.
Non entendo como, tendo a seca e o calor que temos aos políticos que teñen técnicos por todas partes non se lles ocurra prever estas cousas.
A Xunta de Galicia ten que investir en man de obra para coidar os montes, que ninguén os deixe de lado, que nos quedamos sen nada neste país que chovía dous tercios do ano.
É que non sabemos que se non hai árbores non hai choiva. Ese persoal fixo discontínuo ten que traballar todo o ano. E mais persoal que hai que facer fixo todo o ano para que nas épocas que non teñan que combater o lume se adiquen a repoboar e a limpar o monte.
Ao mellor a Xunta tiña que contar con persoal laboral adicado a coidar rebaños de cabras para manter o monte limpo.
Ah, mire Sr. Feijoo, xa sei que vostede sabe moito e ocórrenselle moitas cousas, so llo digo por se acaso: con eucaliptos ou piñeiros non eh? Non vaiamos repoboar As Fragas con estas especies.
Antes das Fragas do Eume xa ardeu anos antes o Xurés e de momento todo sigue igual.
Cal será o seguinte?
Pese a crise, pense nas cabras...! Os cartos que se invistan en aire limpo sempre serán ben empregados, sempre que sexa con sentidiño.
Espero que lle poña remedio a estas queimas, os cartos nin se comen nin se respiran...

viernes, 23 de marzo de 2012

Fume

Presenta a Señora Vicepresidenta Sáenz de Santamaría o Código do Bo Goberno que vai sancionar aos xestores públicos que incumpran coas súas responsabilidades.
Cada día sei menos e entendo menos...
É que antes de hoxe nunha houbo bo goberno? Vale que o Sr. González e o Sr. Rodríguez Zapatero non o foran segundo a Sra. Vicepresidenta, o que eu non consideraba era que o Sr. Suárez e o Sr. Calvo Sotelo tampouco o foran e moito menos o Sr. Aznar.
A, outra pregunta: antes de hoxe os que non cumprían coas súas responsabilidades non eran sancionados nin sequera pola xustiza?
Estamos peor do que eu pensaba!
Eu sei que so é fume, moito fume a vinte e catro horas de eleccións en Andalucía e en Asturias.
Pasadas corenta e oito horas o vento barrerá o fume e entón, entón veremos o lume.

jueves, 22 de marzo de 2012

A calidade do aire

Millóns de españois respiran aire contaminado.

A mala calidade do aire das cidades agrávase coa seca que estamos a sufrir e, sobre todo pola falta de medidas dos responsables políticos.

Na maioría das cidades españolas supéranse os límites do oxido de nitróxeno, amoníaco e compostos orgánicos. So nos mantemos dentro dos límites de contaminantes co dióxido de xofre.

As partículas en suspensión (PM10 e PM2,5) o ozono troposférico (O3) e o dióxido de nitróxeno (NO2) son os contaminantes que mais problemas de saúde causan na poboación.

Estímase que máis de 6,4 millóns de persoas respiran aire contaminado en España, un 14% do total, segundo os valores límite establecidos pola directiva 2008/50/CE.

Temos cidades para os automóbiles en vez de telas para as persoas e, no caso de que os medidores da contaminación valoren altos resultados, os políticos responsables dan como solución un cambio xeográfico dos mesmos a un lugar menos contaminado, como se fixo recentemente na capital do imperio.

martes, 20 de marzo de 2012

Enerxías renovables

O actual goberno central mediante o Real Decreto Lei 1/2012 suspende os incentivos económicos para as novas instalacións de enerxías renovables e deixa ferido de morte a un sector industrial punteiro, aos seus empregados, ao desenvolvemento tecnolóxico e de paso ao medio ambiente.

Lembremos que os acordos internacionais obrigan a limitar as emisións de CO2 co obxectivo de que a temperatura global non aumente aos niveis perigosos que sinala a comunidade científica das Nacións Unidas.

As enerxías renovables contribúen a reducir estas emisións, ademais de contribuíren ao aforro das importacións enerxéticas, e ao prezo da electricidade.

Nas últimas semanas a factura enerxética española incrementouse nuns nove mil millóns de euros na importación de petróleo.

Con este Real Decreto Lei condénase ao desemprego a miles de traballadores nos sectores tecnolóxicos relacionados coas enerxías renovables.

Outro gran atranco para a independencia enerxética, para o emprego e a investigación tecnolóxica e para o xa moi contaminado medio ambiente.

domingo, 18 de marzo de 2012

O que contamina paga... non, non... que non contamine

Deixar moi clariño que estamos na cultura dos cartos, na cultura da economía, da cultura de que cos cartos todo se pode comprar.
Nós podemos pagar porque contaminamos, co automóbil por exemplo, así que por contaminar pagamos impostos, pero estes impostos que pagamos non redundan na recuperación do contaminado. Pensando que os seus fillos quizais tamén poderán pagar por contaminar, pero ao mellor os fillos dos seus fillos xa non poderán pagar por contaminar porque xa non será posible voltar atrás.
Os recursos son limitados... moi limitados pero parece que si pagamos un imposto xa estamos libres de toda culpa... pois non: non contamines!